top of page
Edited Image 2012-12-30-18_39_43_edited.

Quen somos?

Este proxecto xestionado pola asociación Circonove é unha nave industrial, adicada á formación, adestramento e ensaios de artistas circenses, así como á creación e a produción de espectáculos de Novo Circo e Cabaré: a NAVE 9.

Hoxe en día somos arredor de 245 socios, onde se xestiona por unha asamblea de 25 artistas e profesionais do Circo.

O propósito deste espazo é dar cabida ás necesidades técnicas e artísticas dos creadores galegos e das compañías emerxentes que están xurdindo neste eido.

O feito de compartir un espazo común por multitude de artistas e compañías de diferentes procedencias e disciplinas favorece o intercambio creativo, convertendo á Circonove nunha auténtica factoría cultural, ademáis de cumprir a súa función coma Escola de Circo.
bottom of page