

CIRCONOVE NAVE DE CIRCO

CURSO REGULAR CIRCONOVE 2025/26
de SETEMBRO A XUÑO
MALABARES con Xampi
Malabares e unha disciplina orientada ao lanzamento e manipulación dos obxectos.
Ten a súa orixe nos inicios dos tempos, pois xa hai xeroglíficos nas pirámides, que reflicten malabaristas en acción.
Aprenderemos a coordinación e ritmo necesarios para a execución dos malabares así como a preparación do corpo e a mente para dita tarefa.
Comenzaremos con técnicas básicas e avanzaremos ata facer secuencias.
Idade mínima recomendada é de 13 anos.
Datas: Xoves, 17:30 - 19:00 h
Mensualidade: 40 €
Profesor: Xampi
PREPARACIÓN FISICA E FLEXIBILIDADE
con Mercé Solè
Adaptación dos movementos cotiáns, traballo para reforzar a musculatura que tende a sobrecargarse, evitar descompensacións musculares dun lado ao outro, mellorar a forza do solo pélvico e abdominais, coidar as nosas costas...
Aberto a adultxs
Datas: Luns e/ou Mércores, 12:00 - 13:30 h
Mensualidade: 40 € - 1 día / semana
70 € - 2 días / semana
Profesora: Mercè Solé
ACROBACIAS con Mike Gómez
Nas clases de acrobacias, realizase un traballo de flexibilidade, forza e resistencia específicos para a parada de mans e a acrobacia base, así como exercicios posturais.
Traballánse diferentes formas de subir e baixar das verticais, o mantemento do equilibrio no chan e sobre diferentes elementos. Complementando con movementos acrobáticos e dinámicos.
Adultxs e rapazada a partir de 14 anos
Datas: Luns e/ou Mércores de 20:00 - 21:30 h
Mensualidade: 40 € - 1 día / semana
70 € - 2 días / semana
TÉCNICAS AÉREAS con Mercé Solè
As técnicas impartidas neste curso serán os trapecios, teas, corda, aro e loop aéreo.
Os obxectivos deste curso son formar aos alumnxs nestas técnicas que se utilizan como introducción o evolución das técnicas aéreas do circo, dándolles unha base de traballo para que poidan desenvolver no futuro e lles permita ter unha base sólida coa que traballar profesionalmente.
Adultxs
Datas: Martes e/ou Xoves, 20:00 - 22:00 h
Mensualidade: 45 € - 1 día / semana
80 € - 2 días / semana
Profesora: Mercé Solé
TÉCNICAS AÉREAS
con Raquel Veganzones e Girisho Gordon
Preparación física para aéreos,
técnica de distintos aparatos (telas, trapecio, cuerda, aro,)
creación de rutinas
y estiramientos/flexibilidad!!
No es necesaria experiencia, nos adaptamos a tí!!
Adultxs
Datas: Luns e Mércores :18:30 - 20:00 h
Mensualidade: 40 €- 1 día /semana
70€- 2 días / semana
Profesoras: Raquel Veganzones e Girisho Gordon.
XIMNASIA ACROBÁTICA con Greta e Mercé
Nas clases de acrobacia as nenas e nenos exploran o mundo da ximnasia a través dun completo traballo corporal. Practícanse habilidades básicas como rodar, voltear, saltar e manter o equilibrio, e pouco a pouco introdúcense destrezas máis avanzadas: paradas de mans, forza explosiva en saltos combinados ou exercicios posturais sobre diferentes elementos. Todo isto desenvólvese nun ambiente lúdico, onde o xogo, a creatividade e o compañeirismo son tan importantes como a técnica. Unha actividade perfecta para mellorar coordinación, confianza e condición física gozando en cada sesión.
Nenxs a partir de 6 anos (primaria) e rapazada ata 14 anos
Datas: Martes NIVEL 1: 17:00 - 18:00 h. Idade aprox. 6 a 8 anos (para principiantes)
Martes NIVEL 2: 18:00 - 19:00 h. Idade aprox. 8 a 10 anos (con nivel básico acrobático)
Martes NIVEL 3: 19:00 - 20:00 h. Idade aprox. 10 a 14 anos (nivel avanzado)
O primero día farase unha proba de nivel e en función desa cambiarase de nivel ou non.
Profesoras: Mercè Solé e Greta Marí.
Clases dinámicas, onde os participantes, poden ter unha toma de contacto con aparellos aéreos
(trapecio, aro, corda, teas, hamaca...)
Nas clases tamén terán a oportunidade de crear as súas propias rutinas.
Raquel ten unha metodoloxía na que fai moito fincapé no coidado do corpo con exercicios de fortalecemento e estiramentos apropiados para a actividade e a idade.
Rapazada de 9 a 14 anos
Datas: Luns
GRUPO A: 17:00 - 18:30 h
GRUPO B: 18:30- 20.00 h
Mensualidade: 40 €
Profesoras: Raquel Veganzones e Girisho Gordon.
AÉREOS XÓVENES con Raquel V. e Girisho G.
OBRADOIROS de CIRCO
(Variedade de disciplinas circenses)
De 6 a 12 anos (primaria)
Datas: Venres, 17:00 - 18:30 h
Mensualidade: 40 €
Profesoras: Luz García e Girisho Gordon
PRECIRCO con Raquel Veganzones e Greta Marí
Os máis cativos achéganse ao Circo neste curso regular para nenxs de 3 a 5 anos.
Traballamos a psicomotricidade fina e grosa a través de circuítos e materiais de Circo.
Malabares, equilibrios, acrobacias de chan e aéreas, todo isto respectando o ritmo propio dos nenxs distas idades.
Nenxs de 3 a 5/6 anos (educación infantil)
Datas: Mércores, 17:00 - 18:00 h
Mensualidade: 35 €
Profesoras: Raquel V., Girisho Gordon e Greta Marí.
VERTICAIS con Bea Rubio
As verticais ou parada de máns e unha técnica circense baseada na posición invertida do corpo e a procura do equilibrio a través das palmas das máns. Coloquialmente coñecémolo como facer o pino.
Neste curso aprenderás diferentes xogos para bloquear e a buscar o equilibrio do teu corpo, así como figuras invertidas, subidas e baixadas (adaptadas ao nivel que teñas) ; preparación física específica e flexibilidade como ferramenta para realizar con seguridade e coidado esta técnica.
Tanto dentro da clase como para seguir avanzando pola túa conta.
Adultxs e rapazada a partir de 14 anos
Datas: Martes de 18:00 - 19:30 h
Mensualidade: 40 €
Profesora: Bea Rubio
CLOWN con Arturo Cobas novo!!
Redescubre o Xogo e a Autenticidade
Xogar sen xuízo e conectar coa túa esencia máis xenuína? As clases de clown para adultos convídanche a soltar o control, abrazar o ridículo e descubrir o humor que vive no cotián.
Que vas atopar neste espazo?
Exercicios de improvisación e presenza escénica
Xogos teatrais para espertar a espontaneidade
Traballo sobre o erro, o fracaso e a vulnerabilidade como portas ao humor
Exploración do personaxe clown e a súa relación cos público
Espazos de reflexión emocional e grupal Non necesitás experiencia previa en teatro.
Só curiosidade, ganas de xogar e de conectar co teu neno/a interior. Ideal para artistas escénicos, docentes, terapeutas ou calquera persoa que queira abrir a súa creatividade, liberar tensións e mirarse con máis tenrura e humor.
Adultxs
Datas: Xoves, 18:00 - 20:00 h
Mensualidade: 45 €
Profesor: Arturo Cobas
CONDITIONING AÉREO novo!!
Clase adicada a aqueles acróbatas aéreos, tanto profesionais como amadores, que queren mellorar a súa técnica aplicada a calqueira aparello aéreo: trapecio, tecidos, corda, aro, etc. Traballaremos por unha mellora do condicionamento físico a través das cintas aéreas centrándonos en 3 eixos fundamentais: forza e elongación, eficiencia do esforzo e dinámica do movemento.
A clase estará adicada nunha parte principal ao traballo destes 3 puntos exclusivamente coas cintas aéreas. Nunha segunda parte poderase traballar na aplicación da técnica ao elemento aéreo escollido por cada participante, sendo importante saber que o obxectivo non é a realización de "trucos" se non a mellora das aptitudes físicas do/a acróbata.
Este curso será impartido por Álvaro Fitinho, artista profesional de circo especializado en corda aérea e formado en varias escolas e espazos nacionais e internacionais como Escuela de Circo Carampa (Madrid), Circo Criollo (Buenos Aires) ou a Central del Circ (Barcelona).
Adultxs
Datas: Venres, 18:30 - 20:00 h
Mensualidade: 40 €
Profesor: Alvaro Fitinho
CREACIÓN DE NÚMEROS novo!!
Laboratorio de creación destinado á experimentación e á vivencia do gusto creativo nas artes escénicas. Trátase dun espazo para que alumnos e/ou profesionais do sector poidan adquirir ferramentas e/ou metodoloxías, asi como participar activamente de procesos creativos tanto propios como alleos.
O "motor" para participar neste curso será a simple vontade creativa de cada artista polo que non será indispensable nada máis que isto. A experiencia ou a técnica escénica (circo, música, danza, interpretación, etc) pódense entender como elementos que nos axudarán no proceso, pero non son requisitos para participar deste curso. Traballaremos, iso si, con vistas á montaxe de números escénicos e/ou rutinas circences ou de movemento, individuais ou colectivos, coa idea de poder ser presentados ao público nalgunha das galas ou eventos que se realizan dende Circo9. Dita presentación nunca será obrigada, tratándose simplemente dun incentivo. O único obxectivo deste laboratorio é o disfrute da actividade creativa.
Este laboratorio será guiado por Álvaro Fitinho, artista profesional formado en varias escolas de circo nacionais e internacionais, graduado en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e posgraduado en Danza Contemporánea pola ESMAE de Oporto.
Adultxs
Datas: Mércores, 18:00 - 20:00 h
Mensualidade: 45 €
Profesor: Alvaro Fitinho
MÁSTIL CHINO- novo!!
Nas clases de mástil chino exploraremos a disciplina dende as súas bases técnicas ata o seu uso máis creativo. Traballaremos forza, resistencia e control corporal aplicados ás subidas, caídas e figuras fundamentais, sen esquecer a importancia da seguridade e da preparación física específica.
Ademais de desenvolver a técnica individual, haberá espazo para a investigación e o movemento expresivo arredor do mástil, entendendo este elemento como unha ferramenta escénica e artística, non só deportiva.
Clases dirixidas a persoas maiores de 14 anos, con ou sen experiencia previa, adaptadas aos niveis de iniciación e intermedio.
ABEL JAXAAY
Artista multidisciplinar, formado na Escola Internacional de Circo e Teatro CAU (Granada), diplomado en Producción Circense e Autoxestión no CIET de México e graduado en Ciencias do Deporte. A súa traxectoria estivo marcada pola especialización en mástil chino con Julien Scholl e Gregoire Puren, así como pola formación en danza acrobática.
Como artista combina o traballo físico coa creación escénica, con espectáculos presentados tanto en rúa coma en sala. Como docente desenvolve unha intensa actividade, impartindo clases, talleres e obradoiros de circo e teatro en diferentes contextos e para públicos diversos.
🕢 Martes de 10:30 a 12:00