top of page

Nosa historia...

 

O circo galego comete a sua xestación en Santiago de Compostela, fai mais de 19 anos. Neste proceso houbo un lugar e un colectivo fundamental para este desenvolvemento. O lugar foi Santiago de Compostela, que de sempre foi un catalizador da cultura galega, e o colectivo foi PISTACATRO, formado por artistas galegxs dunha mesma xeración provintes de diferentes disciplinas (o circo, o teatro, o cabaré, as artes plásticas, a música, o audiovisual, etc.), que tomaron o Circo e o Cabaré como elemento multidisciplinar común.

As Festas do Circo na Sala Nasa , a programación de circo nesta mesma sala, o Festival deGorra! nas rúas compostelanas no mes de agosto , e múltiples actuacións e cabarés en vilas galegas son algunhas das propostas que se teñen realizado ata o de agora, onde o circo cada vez colle mais forza dentro das disciplinas das artes escénicas galegas.


Na actualidade este colectivo de artistas reúnese na ASOCIACIÓN DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E T.LIBRE “CIRCO NOVE”, a vertente social do proxecto.


Por outra banda, sete dos seus membros decidiron formar compañía e unha empresa productora de espectáculos, encargada da rama comercial do proxecto: PISTACATRO PRODUTORA DE SOÑOS S.L.

bottom of page