top of page

Espazo de ensaio e creación

 

 

 

ADESTRAMENTO


       Unha das necesidades básicas para calquera artista de circo é o adestramento diario. Non basta con ir a unha escola e aprender unha técnica, que moitas veces precisa dunha enorme destreza e habilidade física, hai que mantela para poder continuar co desenvolvemento das capacidades de cada un na sua especialidade.


 

 

 

DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL


       Actualmente hai xa rexistrad@s 15 artistas profesionais de circo  entrenando de maneira regular, e o número vai en ascenso debido o  interese que provoca a existencia dun local con estas características. Asemade, recibíronse visitas de artistas de circo de toda a península que se acercaron a coñecer este novo espazo e quedarse a convivir en Galicia.       Deste xeito os interesad@s poden acudir a un lugar onde poden adestrar e reunirse con outr@s afeccionad@s e profesionais, facilitándose así a comunicación entre eles e a fluidez de ideas e coñecementos.

 


 ENSAIOS E CREACIÓN DE ESPECTÁCULOS


       Outro dos usos das instalacións é como lugar de ensaio e creación de espectáculos, tanto a nivel colectivo como individual. Varias compañías nacionais e internacionais usaron este espazo. Agunha delas foron Pistacatro, Bolechas musical, TrasPediante, Duelirium, Compañía IO ..................................   A xestión de estes usos está supeditada a un horario específico para cada actividade, podéndose ás veces realizar máis dunha o mesmo tempo sen que se molesten entre elas.


COMPAÑÍAS RESIDENTES

 

Pistactaro, Pelotinautas, Duelirium, Circo Chosko, Cía TrasPediante,  Les Artuans,  Antuan d la Çream, Desastronauts, Circo Expreso, Vueltos de Rosca, Isla LeTriska, Caír, Lusco e Fusco,  Compañia IO, AIREnoAR.

bottom of page