top of page

CIRCO Á GORRA

Dende hai 15 anos foise establecendo un vínculo entre @s artistas de circo, o turismo, a cidadanía compostelana e as prazas da Zona Vella. Unha relación que foi converténdose nunha tradición nos veráns de Santiago. As actuacións á gorra, realizadas por artistas locais e amig@s convidad@s, encheron as prazas de Praterías, da Quintana, do Toural e a Alameda con espectáculos diversos.    

 

Para nós, pasar a gorra é unha maneira de democratizar a cultura. Os artistas ofrecen a súa arte directamente ó publico sen intermediarios, e estes valoran economicamente a calidade do espectáculo. Dese xeito @s artistas locais teñen unha saída natural para a exhibición dos seus espectáculos, e @s cidadáns con independencia dos seus recursos económicos poden asistir a eventos culturais con frecuencia. Unha programación cultural na temporada estival para a cidade, sen nengún gasto para as arcas municipais. Unha actividade cultural totalmente autoustentable.
 

FOTOS
bottom of page