top of page

ESPAZO DE ENSAIO E CREACIÓN

 

ADESTRAMENTO DIARIO INDEPENDENTE


Unha das necesidades básicas para calquera artista de circo é o adestramento diario. Non basta con ir a unha escola e aprender unha técnica, que moitas veces precisa dunha enorme destreza e habilidade física, hai que mantela para poder continuar co desenvolvemento das capacidades de cada un, na sua especialidade.

​

​

DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

​

Actualmente hai xa rexistradxs 25 artistas profesionais de circo adestrando de maneira regular, e o número vai en ascenso debido o interese que provoca a existencia dun local con estas características. Asemade, recibíronse visitas de artistas de circo de toda a península que se acercaron a coñecer este novo espazo e quedarse a convivir en Galicia.

Deste xeito os interesad@s poden acudir a un lugar onde poden adestrar e reunirse con outr@s afeccionad@s e profesionais, facilitándose así a comunicación entre eles e a fluidez de ideas e coñecementos.

​

COMPAÑÍAS RESIDENTES.

Citamos algunhas compañías que actualmente utilizan o espazo de maneira regular: Pistacatro, Duelirium, Compañia IO, Desastronauts , Isla LeTriska, Jano sen medidas, Xampatito Pato, Paula Quintas Cía......

RESIDENCIAS, ENSAIOS E FACTORIA DE CREACIÓN

 

Circonove presenta un programa de residencias anual onde as diferentes compañías tanto externas como internas da asociación poden reservar os diferentes espazos que ofrecen a nave de Circonove, para o uso exclusivo de investigación e creación.

 

 

bottom of page