top of page

Escola de Circo

Moita xente moza interesada nestas artes viuse na obriga de emigrar para poder aprender fóra. Para cubrir este baleiro nace a Escola da Asociación Sociocultural CIRCO NOVE, na que se ofertan cursos regulares en técnicas e disciplinas de Novo Circo

FORMACIÓN COMPLETA

 

Curso combinado de disciplinas base: Preparación física, Clown, Acrobacia, Aéreos, Malabares, Verticais...

Ofrecemos becas para aquel@s que non dispoñen de moitos recursos, a cambio de colaborar en traballos necesarios nas instalacións: limpeza, cabarés.

Se estás interesadx, ponte en contacto con circonoveoficina@gmail.com para informarte das próximas audicións para becariado.

As clases son impartidas por profesor@s formad@s en escolas internacionais como National Centre of Circus Arts (UK), Carampa (Madrid), a Escola de Circo Criollo  (Arxentina) a Fundiçâo Progresso (Río de Janeiro) a Rogelio Rivel (Barcelona).
 

REGULARES 2324 (11)_edited.jpg

CURSOS REGULARES

 

 Para aquelas persoas atraídas en disciplinas específicas. Facemos clases semanais de acrobacias,  de aéreos, de malabares, de clown etc... onde se poden desenrolar técnicas independentes ou só probar por curiosidade diversas disciplinas circenses. Para aquelas persoas que si ou que non teñen que ver co medio, que queren experimentar outras actividades. Estas persoas tamén poden practicar e facer uso do material en horarios adaptados a esto.

Inscríbete en: https://www.circo9.com/

 


 

 

 

 

ANIVERSARIOS C9

WORKSHOPS / MONOGRÁFICOS / INTENSIVOS

 

Circonove ten un programa de Obradoiros de diferentes disciplinas traídas dende todo o mundo, onde suceden durante todo o ano, destacando obradores de técnicas aéreas, ou improvisación teatral....

​                                                                                   VISITAS DIDÁCTICAS

 

Actividade que levamos adiante dende fai un anos, onde abrimos Circonove unha das mañas a escolas de primaria e secundaria para que veñan a descubrir o mundo do circo. Coñecer a vida d@s artistas, probar as disciplinas e asistir a unha pequena mostra da arte por parte d@s monitor@s. Traballamos xunto cos centros e profesorad@ na elaboración de unidades didácticas e pedagóxicas sobre este novo mundo nas aulas.

                                                                                             

                                                                                         CAMPAMENTOS​

Dende 2012 ofrecemos campamentos nos meses de verán Xulo, Xullo e Agosto en diferentes espazos da cidade.  

INFÓRMATE en circonoveoficina@gmail.com

  • Facebook - Círculo Negro
  • Icono social Instagram

CircoNove

Teléfonos: Info Xeral: 681 60 62 72 / Oficina: 644 74 71 51
Horario de atención : Luns a Venres: 10:00 H-14:00 H

bottom of page