top of page

Cabarés e eventos

Na actualidade seguimos ca filosofía de abrir os escenarios da  nave CIRCONOVE a nov@s e vell@s creador@s de esta e outras comunidades. E xerar un entretenemento cultural as persoas achegadas na localidade santiaguesa e arredores.

 


 

Son xa moi coñecidos polo público local os CABARÉS DE CIRCO9. 

 

Éstes celébranse aproximadamente unha vez ao mes coincidindo con festividades  como o nadal, entroido, semana santa, etc. Son para todos os públicos e neles pódense ver números curtos de variadas disciplinas como acrobacias, xogos malabares, clown, acrobacia aérea, danza, etc.

IMG_8533.jpg

Pola nave das Cancelas actuaron compañías de circo como The matress Circus espectáculo OUCH!!(UK) PistaCatro con Impreuna (Galicia)... 

 

Tamen celebráronse xornadas de improvisación con The Momento Impro (Galicia);  sesións musicais con bandas  como Mónica de Nut presentando o seu disco “Dos fios invisibles chegan as cores”; encontros e eventos de varios colectivos e centros como o 5º Aniversario do Almazen de Yoga ou a Xornada de Circo coa Asociación ASPERGA de Santiago.

bottom of page