top of page

1º Encontro de Malabares en Galicia con 4 edicións, 1 no milladoiro e 3 no concello de Noia, enchendo as rúas das vilas de circo, música e comidas populares. Dentro da programación dos tres días que duraba, realízanse moitísimas actividades relacionadas co mundo do circo...


Para @s profesionais ou non elaboramos obradoiros de circo durante todo o día en diferentes puntos da cidade e diferentes niveis, con compañías extranxeiras e nacionais como Endika Salazar (manipulación de  mazas) Vueltos de Rosca (con acroportés), Gemma Palomar (Chinesse Pole), Rueda Cyr, Técnicas Aéreas, Clown/Impro,Acro/ Danza.


Para as familias e @s paseantes das vilas realizamos Actuacións de rúa e con xente como Juan Juanin, Circo Medina, Maintomano, Arritmaddos, Samanta Gold, Residue. 2 Galas de circo onde participan @s profesor@s dos cursos e algún que outro invitad@ especial.

 

Pola noitiña contamos coa sesión musical con concertos de bandas das diferentes provincias de Galicia.

 

E o último día chega o pasarúas multitudinario seguido das esperadas Olimpiadas de Circo onde se compite nas diferentes categorías. Fechando despois de todo o esforzo cunha comida popular con todo o mundo.
 

O´RETRUKE

FOTOS
bottom of page