top of page

NOVO CIRCO

Formación, adestramento, ensaios, creación e producción
C9 nadal.png

PRÓXIMAMENTE

 

RESERVAS: circonove@gmail.com
ENTRADAS LIMITADAS, (ata completar aforo)

NOVIDADE EN NADAL

Post Instagram Taller Cerámica (2).png

CAMPAÑA RESISTE

Queridas amigas, queridos amigos,

 

Despois de máis de 20 anos de historia, este espazo de circo –a nosa casa, escola e punto de encontro- corre o risco de desaparecer. A nave na que traballamos, adestramos e partillamos cultura saíu a venda e decidimos dar un paso xigante: mercala colectivamente para asegurar o seu futuro e o de todo o que alí ocorre.

​

Durante estes anos, CircoNove foi moito mais que un lugar de adestramento. É onde nacen espectáculos, fórmanse novas xeracións de artistas, realízanse talleres sociais e se crean redes entre persoas e colectivos de ámbitos moi diferentes. É un espazo vivo, autoxestionado e aberto, que queremos seguir coidando entre todas e todos.

Para facer isto posible, precisamos dous tipos de apoio:

 

  1. A túa aportación económica, do tamaño que ti elixa, nos acerca a manter viva esta casa do circo.

  2. A túa axuda na difusión, compartindo a campaña entre os teus contactos, en redes ou sinxelamente contándoo a quen puidera interesarlle. Cada persoa que se decate suma.

 

​

Cada apoio conta, cada mensaxe compartido multiplica.

Coa túa axuda, CircoNove pode seguir sendo ese espazo libre, creativo e acolledor que tantas veces nos reuniu.

Grazas de corazón por estar aí, por crer e por axudarnos a facelo posible.

 

Unha aperta grande,

Colectivo CircoNove 

  • Facebook - Círculo Negro
  • Icono social Instagram

CircoNove

Teléfonos: Info Xeral: 681 60 62 72 / Oficina: 644 74 71 51
Horario de atención : Luns a Venres: 10:00 H-14:00 H

bottom of page